Concello de Cambre deu onte o pistoletazo de saída á programación para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. A xornada inaugural levouse a cabo no pavillón Sofía Toro, onde se realizou a lectura dun manifesto polo Día Internacional e Europeo das Persoas con Diversidade Funcional, obradoiros interactivos e participativos, obradoiros de arte inclusiva e un partido de baloncesto en cadeira de rodas entre o Club Baloncesto Cambre e o CPAP Bergondo.

Lectura do manifesto polo Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Lectura do manifesto polo Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

A programación continuará hoxe, martes 3 de decembro ás 18.00 horas, cunha charla na Casa da Cultura Vila Concepción. Esta primeira ponencia versará sobre a función dos logopedas na etapa de infantil e primaria. Como broche final á programación, o mércores 4 de decembro ás 18.00 horas, o centro sociocultural O Graxal acollerá unha charla sobre a función dos logopedas na terceira idade.

Día Internacional e Europeo Persoas con Diversidade Funcional