• O programa, que se levou a cabo durante as festas de Nadal, estivo dirixido a pequenos de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, de toda Primaria e de 1º da ESO.

O Concello acaba de concluír unha nova edición de Xogando no Nadal, un programa que, durante as festas do Nadal, favoreceu a conciliación de medio centenar de familias do municipio. Por medio desta iniciativa, o goberno local volveu reafirmar o seu compromiso coas iniciativas e medidas que facilitan a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas, un obxectivo que se consegue tamén coa convocatoria anual dos campamentos de verán.

Xogando no Nadal levouse a cabo no CEIP Wenceslao Fernández Flórez en dúas quendas (a primeira tivo lugar entre o 22 e o 31 de decembro e a segunda entre o 3 e o 7 de xaneiro, con excepción do festivo do día 6). En total, o programa contou con 70 nenos e nenas participantes de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, de toda Primaria e de 1º da ESO.

O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala o esforzo que o Concello tivo que facer “para adaptar esta última edición á situación sanitaria actual”. O edil destaca que non só mantívose a oferta de conciliación habitual, “senón que mesmo se ampliou o número de prazas para que puidesen acceder a este programa o máximo número de veciños e veciñas posible”.