Cambre,  11 de  marzo de 2019.   O Concello de Cambre convocou un acto de lembranza ás vítimas do terrorismo este luns 11 de marzo, coincidindo co 15º aniversario dos atentados que custaron a vida a 193 persoas. Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, foi un momento para honrar a memoria dos falecidos polo terrorismo, manter vivo o seu recordo e para recoñecer a democracia e a defensa da liberdade e os dereitos das persoas.