Este proxecto está financiado pola Xunta a través da Dirección Xeral de Inclusión Social e do Programa operativo do Fondo Social Europeo, e conta cun orzamento de 57.648, 62 euros. Enmárcase dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e do programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014- 2020 co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

O Concello de Cambre deu, esta semana, o pistoletazo de saída da 2ª edición dos talleres Habilidades dixitais e sociais para a procura de emprego e Mellora da empregabilidade. Con estas propostas, enmarcadas dentro do proxecto Píllara, búscase mellorar a inclusión social e a inserción laboral dos veciños e veciñas en situación de vulnerabilidade do municipio.

En total, están a participar sete persoas en cada un destes programas formativos -11 mulleres e tres homes-. Os talleres durarán cinco semanas e impartirase unha sesión de forma semanal. Unha vez finalice esta 2ª edición, o Concello prevé organizar novas convocatorias ata a primavera de 2021. As clases están a impartirse atendendo a un completo protocolo para previr contaxios polo COVID-19.

Con estes programas formativos, as persoas participantes poderán actualizar e mellorar as súas habilidades dixitais e sociais, incrementando así as súas posibilidades de atopar traballo. Así, abordarán, entre outras, as seguintes cuestións: creación dun currículo vitae, preparación de entrevistas individuais e grupais, desenvolvemento de competencias transversais máis valoradas no mercado laboral e explicación sobre a rede social profesional LinkedIn.

Un apoio para as familias en risco de exclusión social

O programa Píllara centrarase en mellorar a inclusión social das familias en risco de exclusión social do municipio. Co obxectivo de cumprir con estes obxectivos, as liñas de actuación, ademais da organización de cursos formativos, serán as seguintes:

  • Ofrecer atención individualizada e apoio psicosocial a cada usuario ou usuaria.
  • Organizar actividades de educación e apoio familiar.
  • Realizar un seguimento de itinerario de inserción sociolaboral.
  • Derivar a outras axencias e organizacións que ofrecen servizos especializados en Cambre, como atención psicolóxica, asesoramento xurídico, orientación laboral ou de emprendemento, etc.
Este proxecto está financiado pola Xunta a través da Dirección Xeral de Inclusión Social e do Programa operativo do Fondo Social Europeo, e conta cun orzamento de 57.648, 62 euros. Enmárcase dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e do programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014- 2020 co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.