Poderán participar os mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 26 anos e haberá seis premios para os galardonados.

Cambre, 18 de abril de 2017. O Concello de Cambre, a través da concellería de Cultura, pon en marcha o XXIV Certame de Poesía e Narración Breve no que poderán participar os mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:

CATEGORIA A: de 12 a 14 anos
CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
CATEGORIA C: de 19 a 26 anos

Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.

E na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a: Concello de Cambre – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade XXIV Certame Literario de Poesía e Narración breve. A data límite de entrega de traballos será o día 10 de maio de 2017. Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:

CATEGORIA A: 1º Premio:173,00 € 2º Premio:128,00 €
CATEGORIA B: 1º Premio:218,00 € 2º Premio:150,00 €
CATEGORIA C: 1º Premio:300,00 € 2º Premio:173,00 €

A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do instituto de secundaria David Buján o día 16 de xuño de 2017,ás 12:30 h.