Cambre,  9 de  outubro de 2018. Cambre leva a cabo nestes momentos unha actuación para mellorar o drenaxe do paseo fluvial do Río Mero mediante o perfilado das motas que permitirá poñer en valor o ancho útil do paseo fluvial, ata o de agora cuberto de herbas e masa vexetal.

Agora o paseo terá o ancho axeitado co fin de mellorar a súa drenaxe, a seguridade dos peóns, a posta en valor deste paseo ecolóxico,

Trátase da segunda roza despois da levada a cabo en agosto, aínda que esta é exclusivamente para mellorar a drenaxe e ampliar o ancho da senda.

Haberá outra actuación de limpeza do río no mes de novembro tal e como está estipulado no convenio asinado polo Concello coa Xunta de Galicia para manter en boas condicións a senda fluvial.

Así, os traballos de perfilado rematarán en outubro e a terceira roza finalizará a finais de novembro.