Cambre, 26 de setembro de 2017.  A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os pregos de licitación do PLAN XERAL DE ORDENACIÖN MUNICIPAL (PXOM) que conta cun orzamento de 484,790 euros.

Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, co obxectivo de evitar os problemas coas anteriores empresas redactoras do plan modificáronse os pregos de contratación con cláusulas específicas que garantan a boa execución do traballo de planeamento.

Neste senso, apunta que a empresa redactora deberá ter un certo coñecemento do territorio galego e experiencia co desenvolvemento de plans en Galicia. Asemade, o equipo redactor e o director do plan deberán conformar un equipo técnico cohesionado e non ser unidades de traballo diferentes. Tamén, haberá un seguimento por parte dos técnicos municipais en cada fase do proxecto co fin de auditar o traballo levado a cabo nas diferentes etapas.

En canto aos prazos a empresa deberá entregar no prazo de 15 meses o documento inicial, sen contar os tempos de tramitación noutras admnistracións.

Costounos moito sacar a adiante este proceso. Tivemos que rescindir o contrato coa anterior redactora acudindo aos entes legais que marca a lexislación o que dificultou e retrasou esta decisión. Despois, rescindir o contrato coa UTE encargada do anterior proceso e agora sacar unhos novos pregos de contratación. Estou seguro de que coa nova licitación virá unha empresa redactora competente. Damos un paso importante para paliar un dos maiores problemas da historia do noso municipio: ter un plan Xeral que permita o desenrolo socioeconómico e permita o crecemento sustentable de Cambre e mellore a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.