Cambre, 7 de decembro de 2017. A concelleira de Promoción Económica, Leonor Fernández, presentou hoxe a campaña de comercio do Nadal “En Nadal compra en Cambre” que ten como obxectivo dinamizar e potenciar ao pequeno e mediano comercio e á hostalería cambresa en época do Nadal. Este ano o Concello aposta pola animación das zonas máis comerciais do municipio. Mesmo levou a cabo unha iluminación do Nadal nas principais rúas das zonas urbanas para mellorar a imaxe das mesmas en horario de tarde.

Este ano o Concello aumentou o investimento en 10.000 euros polo que este ano destináronse 40.000 euros na campaña de Nadal. Segundo a propia concelleira de Promoción Económica, nesta edición o obxectivo é crear un centro comercial aberto polas rúas de O Temple, Cambre e A Barcala polo que se instalará ademais da iluminación do Nadal, fío musical polas rúas comerciais, animación e decorarase casa establecemento comercial cunha árbore de nadal natural. Ademáis, programáronse diversas actividades culturais para atraer a xente as zonas comercias.

No marco da campaña destaca o Rasca e Gaña que este ano repartirá 34.000 boletos entre todos os establecementos do municipio e onde os clientes ao facer calquera compra optan a bonos para gastar nas tendas de cambre de 5, 10, 20, 30, 100 euros para facer as súas compras de nadal antes do 6 de xaneiro e haberá dous bonos especiais de 250 e 500 euros para gastar durante o mes de febreiro. Os bonos de compra repartidos esconden premios por un total de 14.000 euros. Os rascas repartiranse o vindeiro luns día 11 nos máis de 160 establecementos inscritos na acción promocional e que se dedican ao comercio, hostalería ou barbería ou estética.

Este ano para lograr unha maior atracción aos comercios cambreses programouse unha exhaustiva programación cultural coa tradicional montaxe do Belén por parte da AEC no parque Ramón Barba, espectáculos de maxia, concertos, circo, teatro, animación na rúa, contacontos etc, etc… Leonor Fernández asegura que se trata de crear un ambiente comercial propicio para axudar e fomentar ao comercio de proximidade que en Cambre é de gran calidade, competitivo e moi atractivo para os clientes da área. “Queremos que a xente opte por vir eiqui onde poderán atopar productos de gran calidade a mellares prezos que en moitas grandes áreas comerciais”.

O TEMPLE

08/12 Feira do Temple: Artestudio: Ginkana e Paxe carteiro de Papá Noel 11:00 a 14:00
16/12 Asoc. Empresarios/as de Cambre: Montaxe do Portal de Belén no parque Ramón Barba ás 12:00
22/12 “Os nenos de San Ildefonso” 18:00 a 20:00 Animación de Rúa
26/12 Concerto Robert Pier, ás 20:00 na Praza Manuel Murguía
27/12 Victor Noir; “Efimeria”, espectáculo de Maxia ás 19:00 na praza da Rúa Párroco M. Cobas
28/12 Pedro Brandariz “Contos e outras andrómenas” ás 19:00. Rúa Anxel Fole
29/12 Isla le Triska “Inmóbile”, circo. 19:00 na praza Manuel Murguía
30/12 Concerto de Mamen Bazarra ás 20:00. Praza da rúa Párroco M. Cobas
31/12 Pedro Brandariz,monólogo. 19:00 na praza Manuel Murguía
02/01 Pedro Brandariz, “Contos e outras andrómenas” ás 19:00. Praza da rúa Párroco M.Cobas
03/01 Mere Clown, “Merecidamente” circo.19:00 na Rúa Anxel Fole
04/01 “Estes reis están tolos”, animación de rúa.18:00 a 20:00
05/01 Iago Gordillo, concerto. 20:00 na praza Manuel Murguía
05/01 Asoc. Empresarios/as de Cambre-Comerciantes do Temple: “Esperando aos Reis Magos”; Polideportivo do Temple a partires das 18:00

CAMBRE

13/12 Asoc. de empresarios/as de Cambre, Decoración árbore de Nadal ás 18:00: nenas e nenos de A Fraga Encantada
17/12 Feira de Cambre: “Os nenos de San Ildefonso”. 11:00 a 13:00
30/12 Isla le Triska “Inmóbile”,circo. 19:00 no Parque da Igrexa de Cambre

A BARCALA

23/12 Isla le Triska “Inmóbile”, circo. 19:00 na praza 1º Maio


Relacionado: