O Concello de Cambre recibiu a un grupo de estudantes que están a realizar un proxecto Erasmus+ co IES David Buján neste caso  sobre novas tecnoloxías da Información e a Comunicación

É un proxecto enriquecedor para  os alumnos e alumnas xa que, ademais do enriquecemento cultural e lingüístico, é unha maneira de achegar as tecnoloxías do futuro á mocidade.

O proxecto involucra a 56 estudantes de 13-14 anos de tres países (Reino Unido, Italia e España) (14 de Italia, 14 de Reino Unido e 28 de España)

Durante esta semana os alumnos e alumnas europeos residirán en Cambre polo que o edil de Patrimonio, Ramón Boga, animoulles a gozar da cultura galega, da súa gastronomía, historia e paraxes naturais. “Aquí, en Cambre tedes unha visita obrigada a nosa iglesia románica de peregrinación, unha xoya do románico, e por suposto aínda que con mal tempo debedes coñecer o noso paseo fluvial, o noso encoro”.

Estou moi agradecido ao labor dos mestres do David Buján que están a facer un traballo excelente no Instituto, e como non tamén o traballo de investigación dos mozos e mozas do IES que xa son un referente en canto aos proxectos científicos, apuntou Boga.”