Imaxe do entroido 2018

Cambre,  13 de febreiro de 2019.  Cambre publicou as bases do Entroido, unha das súas festas más importantes do ano para o municipio. O Entroido Pequeno reúne cada a ano a milleiros de persoas chegadas de toda a bisbarra. As carrozas e comparsas poderán concursar como cada ano para optar aos premios recollidos nas bases,

O vindeiro xoves 21 de febreiro Concello de Cambre abrirá o prazo para a inscricións de carrozas e comparsas e finaliza o xoves 7 de marzo. As agrupacións que desexen participar teñen a súa disposición as bases na web.  Dentro de categoría de comparsas a Concellería de Cultura e Tradicións populares entregará tres premios, mentres que na de carrozas fará o propio para 6 candidaturas.

Co fin de fomentar a participación entre os cambreses e as cambresas, aquelas agrupacións compostas  na súa  maioritaria por persoas empadroadas en Cambre optarán unha gratificación por participar por importe de 300 €. No suposto de que o número destas supere o total de 17, repartiríase proporcionalmente a cantidade total prevista entre elas. Para que unha carroza sexa considerada do municipio, deberá estar composta na súa maioría por persoas empadroadas neste concello.

 

Premios:

  • Disfraces: Haberá dous premios: O primeiro infantil recibirá un Cheque-agasallo por valor de 100 €  e o  primero na categoría xeral polo mesmo valor.
  • Comparsas: O   primeiro premio será de 200 € e o segundo de 100 €.
  • Carrozas: 1º 400 €   –   2.º   300 €    –  3.º    200 €    –  4.º   100 €