O Concello de Cambre acaba de sumar dous novos aparcadoiros provisionais na Casa da Cultura Vila Concepción e no campo de fútbol Brexo Lema. As actuacións, que finalizaron a semana pasada, serviron para conseguir máis de 100 prazas novas de estacionamento para os veciños e veciñas de ambas as dúas zonas.

Por unha banda, o aparcadoiro de Vila Concepción ten unha superficie duns 500 metros cadrados e conta con 40 prazas para vehículos. O acceso ao parking será desde a vía anexa aos terreos, que discorre en paralelo á Nacional-VI desde Vila Concepción ata a altura da calle Pígara, onde se incorpora á estrada. Pola outra banda, o estacionamento de Brexo Lema dispón doutros 60 ocos para aparcar.

Como parte do proxecto, na contorna de Vila Concepción acometeuse a demolición do bordo antigo para substituílo por un rebasable que permitira o acceso ás novas prazas. Así mesmo, acometéronse traballos de roce e acondicionamento do terreo e recheouse con zahorra. No caso de Brexo Lema, rozouse e limpouse a finca completa, situada nun dos laterais do campo, abriuse un camiño de acceso ás prazas e creouse unha explanada de acceso ao aparcadoiro.

FOTO CAMBRE-Cambre suma dos nuevos aparcamientos provisionales en Vila Concepción y en el campo de fútbol Brexo Lema 1

Novo aparcadoiro provisional ao carón do campo de fútbol Brexo Lema

Ambas as dúas actuacións resolven o problema da falta de estacionamento en ambas áreas, que acumulan gran cantidade de tráfico. Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, o obxectivo do equipo de goberno “é seguir incrementando as zonas de estacionamento neutros puntos do municipio”.