A concelleira de Benestar Social, Lúa Sanguiñedo, explica que o obxectivo é “seguir promovendo actividades que sirvan para concienciar á cidadanía a prol da igualdade e contra a violencia de xénero”.

O Concello de Cambre trasladará as actividades polo Día Internacional da Muller ao formato en liña. Para logralo, o Concello presenta “Cambre pola igualdade” no que se recompilarán vídeos a través da rede social TikTok ao redor do hashtag #Cambreporlaigualdad, recompilará vídeos na rede social TikTok. A concelleira de Benestar Social, Lúa Sanguiñedo, incide no esforzo realizado polo Concello para adaptar “a programación anual que se leva a cabo para conmemorar esta xornada á situación sanitaria actual”. Sanguiñedo sinala que o obxectivo é “seguir promovendo actividades que sirvan para concienciar á cidadanía a prol da igualdade e contra a violencia de xénero”.

As persoas interesadas en participar no certame de TikTok terán que ser naturais de Cambre ou, en todo caso, vivir, traballar ou estudar no municipio. Non necesitarán un equipo profesional para participar, bastará con que teñan un móbil e unha historia que contar. De ser o caso, deberán subir o seu vídeo á plataforma TikTok co hashtag do concurso (#Cambreporlaigualdad) e encher o seguinte formulario de inscrición.

A temática do concurso xirará ao redor da loita pola igualdade (no deporte, oportunidades laborais, tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, oposición ao machismo, empoderamento, detección de micromachismos, etc.) A duración máxima dos vídeos será de 60 segundos e durante os mesmos, os usuarios e usuarias poderán botar man de todas as posibilidades creativas que proporciona esta rede social.

O obxecto da convocatoria é o estímulo da capacidade creativa da cidadanía e a concienciación pola igualdade de xénero; e elixiuse a plataforma TikTok pola súa alta penetración nos estratos máis novos da sociedade e pola facilidade de creación audiovisual que proporciona.

O certame conta con dous premios, un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo premio dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 10 de marzo e os gañadores daranse a coñecer o 16 de marzo.

A iniciativa atópase encadrada dentro do proxecto nacional “Rodando por la igualdad”, que aglutinará numerosos certames locais similares con temática de igualdade de xénero, que sumarán forzas no obxectivo común da concienciación pola igualdade e a loita contra o machismo. As obras gañadoras de cada certame local competirán entre elas para dirimir cal é a mellor obra a nivel nacional, premio cunha dotación económica de 500 euros que se dará a coñecer o 25 de marzo.

 

Cambre pola igualdade

Cambre pola igualdade