O IES David Buján de Cambre recibiu no mes de xuño unha visita internacional. En concreto, ao centro educativo achegáronse catro profesores da cidade de Izmir (Turquía) que asistiron ás clases das materias de ciencias e inglés.

Os profesores asistiron ás clases de ciencias e inglés 

Esta visita enmarcouse dentro do proxecto Erasmus+ KA1 STEMTECH, co que se busca promocionar a formación do profesorado de diferentes países en escolas exemplo de boas prácticas.

Con todo, os profesores turcos non foron, nin moito menos, os únicos que coñeceron o instituto ao longo deste curso académico. Así, desde o inicio do curso escolar, o David Buján recibiu tamén a profesores italianos e daneses.