Cincuenta nenos e nenas están a participar esta semana no Campus Multideportivo do Concello de Cambre. A actividade, que arrincou o pasado luns e prolongarase ata o sábado, ofrece aos pequenos unha infinidade de actividades lúdico-deportivas: xogos funcionais e deportes como waterpolo, pádel surf, kaiak ou vela son tan só algunhas das opcións. A oferta inclúe tamén salvamento deportivo e a realización do Roteiro Mariñán.

FOTO CAMBRE- Cincuenta niños y niñas participan en el Campus Multideportivo del Concello de Cambre 2

O waterpolo, paddle surf, kayak ou vela son tan só algunhas das actividades do Campus Multideportivo

 

O concelleiro de Deportes do Concello de Cambre, Daniel Mallo, achegouse esta mañá á praia urbana de Sada para coñecer aos participantes do Campus Multideportivo.

Ao longo da época estival, o Concello organiza numerosas actividades para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no verán. Así, ademais do Campus Multideportivo, o equipo de goberno conta con campamentos e saídas para nenos e nenas de todas as idades e cos campamentos urbanos que se están realizando no CEIP Wenceslao Fernández Flórez.