Cambre,  5 de  setembro de 2018. O Concello de Cambre pon en marcha por terceiro ano consecutivo a campaña de orzamentos participativos “Decidámolo Xuntos” con varias novidades respecto aos anos anteriores. Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, este ano dase un paso máis para facer que a campaña sexa máis participativa e obxectiva posto que serán os técnicos os que puntúen as propostas en canto a súa viabilidade técnica e orzamentaria, e serán os veciñós as que as voten para incluílas nos orzamentos.

Co fin de que os veciños e veciñas participen na elaboración dos orzamentos 2019 o Concello de Cambre pon en marcha a campaña de participación “Decidámolo Xuntos” co obxectivo de coñecer as demandas e propostas de investimentos que ten a veciñanza para mellorar o seu benestar e o da súa comunidade.

Este ano dase un paso máis para mellorar a iniciativa participativa. As propostas que se fagan puntuaranse segundo un manual de valoración realizado polos departamento de Intervención e as que superen unha determinada puntuación pasarán a fase de votación pública pola veciñanza. O manual pódese ver de antemán na páxina web do Concello onde tamén estára o formulario para facer as propostas. Tamén se enviou a cada domicilio o Manual de valoración para que os veciños coñezan a fórmula empregada para valorar as súas achegas.

Por outra banda, a outra gran novidade será a posta en marcha dunha APP na que poderán facer chegar as propostas, votalas e coñecer os resultados. Esta semana estará xa dispoñible para dispositivos Android e IOS. A intención é canalizar todas as propostas achegadas pola veciñanza con fin de orientar do mellor xeito posible os investimentos nos devanditos orzamentos.

As propostas poderanse realizar ata o mes de outubro (30 de setembro último día).

Para coñecer as propostas dos veci@s activáronse varias canles de comunicación coa veciñanza:

1-Levaranse a cabo reunións coas asociacións de veciñ@s de cada parroquia e nas que calquer veciño poderá acudir. Alí se recollerán as demandas e propostas de cara aos vindeiros orzamentos.

2-Na páxina web habilitouse un formulario no que poden encher os veciños/as coas súas achegas e demandas.

3-A través dun formulario que o Concello enviou a cada domicilio de Cambre e que, unha vez cuberto, poderase introducir nun buzón que situado nos centros sociais de cada parroquia. No caso das persoas que non poidan desprazarse, por mor dalgunha incapacidade ata o Concello ou ata o buzón da súa parroquia para deixar o formulario, poderán deixar aviso no 981613128 e unha persoa do concello irá a recollelo. Asemade, o formulario poderase enviar ao correo electrónico decidamoloxuntos@cambre.org ou en calquera dos tres nos rexistros municipais.

4-Desde a nova APP que se pode descargar de xeito gratuíto para dispositivos Androis e IOS

https://decidamoloxuntos.cambre.es/