Cambre,  20 de  febreiro de 2019.  A Deputación da Coruña comezou esta mañá a poda dos árbores da estrada da Estación, entre as parroquias de Cambre e Sigrás. As obras alongaranse ata esta fin de semana previsiblemente.

A Policía Local desviará o tráfico pesado desde os Campóns para evitar o seu paso pola estrada da Estación, polo que os dirixirá ata o Mesón Vasco para que poidan acceder a Cambre pola AC214.

O Concello entende as molestias que causan as obras de poda polo que pide aos veciños e veciñas a maior comprensión posible e espera que a poda, que é necesaria polo estado das polas, se realice a maior brevidade posible.