Cambre,  19 de  setembro de 2018. Hoxe comezou o derrube das últimas casas da rúa Balado. A principios deste mesmo ano derrubouse a primeira das edificacións do tapón urbanístico da conexión entre a rúa balado e a AC-214, aínda que a demolición do tapón tivo que aprazarse ante o recurso dos propietarios da outra vivenda anexa.

O Concello esperou a decisión do TSXG sobre a catalogación de ruína dunha destas casas. A xustiza deulle a razón ao Concello este verán sobre o estado reuinoso do inmoble e agora comezaron os traballos de derrube que permitirán abrir a rúa e crear un espazo público nunca vindeira actuación.

Agora se levará a cabo a demolición da casa que tapona a rúa Balado e a outra  edificación de dous plantas que se atopa no mesmo espazo.

Un dos proxectos que se financian co superávit municipal, e que xa está en licitación, reformará este espazo nunha praza pública e na apertura do viario.

Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, o obxectivo é crear calidade urbana, ter máis espazos públicos e mellorar a accesibilidade no centro do municipio. “A apertura desde vial é unha vella demanda histórica que estaba nun caixón e que sacamos para mellorar Cambre velando polo interese xeral”.