A creatividade e a orixinalidade estiveron moi presentes no concurso de disfraces telemático do Concello de Cambre. A concelleira de Cultura, Mónica Varela, valora a participación e implicación dos veciños e veciñas “para manter viva unha das celebración con máis historia no municipio como é o Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo”. Varela explica que, con esta proposta, “buscouse evitar o risco de contaxio pola covid-19, ofrecendo á veciñanza unha opción segura para todos e todas e que evitase, ademais, que esta tradición esmorecera”.
A covid-19 inspirou algúns das propostas gañadoras. Tanto é así, que non faltaron as alusións e chiscadelas ao persoal sanitario, á vacinación e mesmo ás restricións sanitarias para frear a expansión do virus. A relación de premiados e premiadas é a que, a continuación, se indica:
Categoría infantil:
- 1º Premio: Antón, o mariscador

‘Antón o mariscador’
- 2º Premio: Vacinando pola vila

‘Vacinando pola vila’
- 3º Premio: O pequeno Armstrong galego

‘O pequeno Amstrong galego’
Categoría adultos:
- 1º Premio: A boneca monicreque

‘A boneca monicreque’
- 2º Premio: A Catalina

‘A Catalina’
- 3º Premio: A avoa máis rockeira

‘A avoa máis rockeira’
Categoría conviventes:
- 1º Premio: A meiga do pantano de Cecebre

‘A meiga do pantano de Cecebre’
- 2º Premio: A horta en pé de guerra

‘A horta en pé de guerra’
- 3º Premio: Familia circense

‘Familia circense’
O xurado, que estivo composto pola vocalista do grupo Black, Iria Mejuto, polo muralista, Yoseba MP e pola ceramista por Laura Delgado, valorou os seguintes criterios:
- Orixinalidade, estética, creatividade e traballo na elaboración dos disfraces.
- A conservación do Entroido tradicional.
- Valorouse a presentación das propostas.
- Tívose en conta o uso de materiais reciclados na elaboración dos disfraces.
- O uso do galego, tanto oral como escrito, en caso de ser necesario o uso da palabra.