Cambre, 7 de setembro de 2017. A Concellería de Cultura anunciou hoxe a creación dunha nova biblioteca infantil, un novo espazo para a xente mais nova, co obxectivo de cubrir unha demanda histórica mentras se fai a Casa da Cultura de Cambre.  Este novo espazo abrirá ao público na primeira semana de outubro, mentras que a sala de adultos abrirá as súas portas a finais deste mes. Segundo o concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, ante a situación demográfica de Cambre, cunha elevada porcentaxe de xente moi nova, faise necesario un espazo de iniciación á lectura cun importante valor cultural e social, onde poidan pasar moitas horas pais e nais cos seus fillos nun ambiente cultural axeitado. Deste xeito, o espazo que estaba destinado ao público infantil na Biblioteca Xeral de Cambre, situada na planta alta do centro de saúde, e que contaba con 10 metros cadrados, agora terá 150 metros cadrados e permitirá incorporar unha serie de actualizacións cun espazo máis amplo. A sala acollerá actvidades moi variadas como representacións, contacontos, xogos pedagóxicos e psicomotrices, etc. “Esta aposta nos distingue como o que somos, un goberno de esquerdas que nos tempos de crise no maltrata á cultura, de feito créanse máis espazos con persoal municipal que pon o mellor de sí mesmos”, Sinaloa Carballada.

“Esta actuación ten que entenderse como un ensaio do que será a Casa da Cultura que agora está en licitación, un pequeno laboratorio para coñercer como nos desenvolveremos nun espazo máis amplo”. Non ten que ser un espazo concibido só para nenos, senon tamén para neonatos de 0 a 4 anos, unha auténtica bebeteca, cun contido especifico. “Semella un contrasenso poñer en marcha isto para xente que aínda non sabe ler pero non o é. É importante que desde moi pequenos se familiaricen coa capacidade lectora e, deste xeito poderán ser ususarios dá nosa rede de bibliotecas. Trátase dunha aposta polo público consideranos que son estas as cousas que pagan a pena  na política e aspiramos que isto teña moito futuro”, apuntou Carballada.

As exposicións que tiñan lugar neste espazo celebraranse agora en Vila Concepción polo menos ata a construción da Casa da Cultura