O Concello de Cambre levará a cabo o domingo, 17 de novembro, unha nova ruta do programa Descubrindo CambreCambre Modernista, organizada pola concellería de Turismo e Patrimonio. O punto de encontro será ás 10.00 horas na Estación do tren de Cambre. A duración aproximada da actividade é de dúas horas.

Este programa ten o obxectivo de dar a coñecer, a través de visitas guiadas, algúns dos recursos turísticos do municipio e das contornas naturais do territorio. O próxima acción terá lugar o domingo, 15 de decembro, cando se realizará unha Quedada ornitolóxica na Ría do Burgo – O Temple.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo entre o día 1 o 14 de novembro, presentando a folla de inscrición en calquera dos rexistros do Concello de Cambre ou na sede electrónica https://sede.cambre.es/opencms/gl/procedimientosytramites/index.html#varios.