Promover e apoiar aos clubs e entidades deportivas do municipio segue sendo unha máxima para o goberno local. Baixo esta premisa, o Concello de Cambre asinou, durante os días 13 e 14 de xaneiro, varios convenios con distintas entidades. Estes acordos teñen como principal obxectivo fomentar o deporte de base mediante a organización de escolas de iniciación e perfeccionamento continuas, así como a participación de equipos de categorías de base en competicións federadas nas diferentes modalidades deportivas.

As entidades coas que se asinaron estes convenios foron as seguintes:

  • Club Ciclista Cambre-Caeiro
  • Asociación de Clubs de Fútbol de Cambre
  • Judo Club Cambre
  • Club Béisbol e Sofbol Cambre
  • Hockey Club Cambre
  • Club Baloncesto Cambre

O Concello de Cambre facilita, para o desenvolvemento destes convenios de promoción deportiva, as instalacións e equipamentos municipais, así como achegas económicas para entidades por un importe anual de 76.000 euros.