Concello de Cambre vivirá, o 17 de agosto, unha xornada chea de xadrez. Farao coa celebración do I Torneo de Xadrez ‘agosto en Cambre Blitz’ e do XIX Torneo de Xadrez ‘agosto en Cambre’.

O  I Torneo de Xadrez ‘agosto en Cambre Blitz’ de partidas rápidas será novidade este ano.Nel colabora a Escola de Xadrez de Sigrás, e levarase a cabo ao longo de toda a mañá do sábado 17 de agosto. Será válido para a obtención de ELO Internacional de xadrez blitz.

Por outro lado, o XIX Torneo de xadrez ‘agosto en Cambre’ celebrarase durante a tarde do sábado 17 de agosto. Nel colabora a Escola de Xadrez de Sigrás. Será válido para a obtención de ELO Internacional, e está incluído, un ano máis, no IV Circuíto Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña.

As inscricións para participar en ambos os dous torneos son gratuítas e deberán realizarse antes do xoves, 15 de agosto ás 21.00 horas, nos correos escolaxadrezsigras@hotmail.com ou en deportes@cambre.org.