O Concello de Cambre abriu ao público o recentemente renovado parque infantil leste da Barcala. Estas tarefas de acondicionamento incluíron a reposición de caucho e mobiliario, unhas obras cofinanciadas polo Concello de Cambre e a Deputación da Coruña.

O pavimento, que anteriormente era de cortiza de piñeiro, substituíuse por pavimento de caucho con diferentes debuxos e cores. Ademais, tamén se renovaron todos os xogos, o mobiliario e outros elementos como os madeiros do arenero.

Esta actuación forma parte do programa de mellora das áreas recreativas infantís do municipio, que xa ampliaron previamente o parque infantil oeste da Barcala de 330 a 535 metros cadrados, mellorando tamén o pavimento de caucho e os xogos infantís.

O goberno local ten como obxectivo seguir acondicionando as áreas infantís de todo o municipio, para que os pequenos e pequenas do concello teñan un lugar idóneo e seguro no que todos poidan xogar, xa que inclúen xogos para mozos e mozas con diversidade funcional.