O Concello de Cambre e os IES David Buján Afonso X O Sabio organizan o XXVII Certame Literario Xoán Díaz. Neste concurso poderá participar calquer mozo ou moza de entre 12 e 26 anos nas seguintes modalidades: poesíanarración breve e microrrelato.

Os traballos deberán ser en lingua galega, orixinais, inéditos e non premiados. As persoas interesadas en participar poderán presentar os seus traballos nas administracións dos institutos do Concello de Cambre, nas oficinas de rexistro do Concello de Cambre ou envialos a través do correo electrónico, debidamente selaxes, á seguinte dirección: Concello de Cambre – Área de Cultura, Deportes e Xuventude. Río Barcés, 8- 15660 Cambre. Así mesmo, as obras poden enviarse a través do enderezo electrónico certamexoandiaz@cambre.org. O prazo de entrega dos traballos comeza o día 15 de marzo de 2020 e remata o 30 de abril de 2020.