Estas intervenciones darán continuidad a las ejecutadas en en las siguientes calles de la zona: Ánxel Fole, Luis Seoane, Teresa Herrera, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro y Francisco Rodríguez.
El alcalde, Óscar García Patiño, y el concejal de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, supervisaron el estado de las obras, que avanzan a buen ritmo.

Mellorar as condicións de seguridade, accesibilidade e a ordenación dándolle prioridade ao peón. Eses son os obxectivos que o goberno local espera cumprir co proxecto de rexeneración urbana no Temple, que conta cun investimento de máis de 800.000 euros. Nesta 2ª fase, o Concello está a traballar nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Párroco Manuel Cobas. O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, supervisaron, esta mañá, o estado das intervencións, que avanzan a bo ritmo.

Tanto o rexedor como o responsable das áreas de Urbanismo e Obras coinciden en sinalar a importancia destas actuacións, “que suporán unha mellora estética pero, sobre todo, unha maior seguridade e accesibilidade na zona”. O remate do proxecto implicará, ademais, a suma doutras 30 prazas de aparcamento no Temple. García Patiño apunta, ademais, que se contactou cos propietarios dos baixos da rúa Celso Emilio Ferreiro para “axustar ou proxecto ás demandas dos propios veciños e veciñas, que amosaron a súa satisfacción coa obra”. Unha vez que se marquen as rasantes en Párroco Manuel Cobas, a idea é contactar tamén cos residentes da rúa para coñecer as súas peticións.

Na actualidade, tanto Celso Emilio Ferreiro como Párroco Manuel Cobas presentan carencias importantes de funcionalidade para os viandantes: as beirarrúas non contan co ancho suficiente e os pavimentos están deteriorados. Así mesmo, o firme está danado e as prazas de estacionamento precisan de reordenación.

Este plan supoñerá un importante cambio estético na zona, e o máis importante, unha mellora considerable nas condicións de seguridade, accesibilidade e ordenación no Temple. O proxecto que o Concello está a acometer nestes puntos incluirá os seguintes traballos: rehabilitación do firme en todas as rúas, redefinindo as seccións de cada unha para a optimización de aparcadoiros e a mellora da circulación peonil e rodada, renovación dos pavimentos das beirarrúas –dotándoos de ancho suficiente para mellorar o tránsito peonil- e redeseño dos pasos de peóns, que se sobreelevarán para diminuír a velocidade dos vehículos -conseguindo así itinerarios peonís continuos e seguros-. Así mesmo, implicará a reposición da iluminación actual –apostando pola tecnoloxía LED-, a instalación de novo mobiliario urbano e a colocación de arboledo en varios puntos.

Na primeira fase do proxecto actuouse nun total de seis cales: Ánxel Fole, Luís Seoane, Teresa Herrera, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Francisco Rodríguez.