As parcelas están situadas en Coutelana, rúa Muíños e Lendoiro, nas proximidades da AP-9.
Como explica o concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, “a intención é seguir sumando novos espazos para os veciños e veciñas”. Nestes lugares, o Concello podería habilitar máis espazo para aparcamento, zonas verdes, etc.

O Concello de Cambre celebrará o vindeiro xoves, 25 de xuño, un pleno ordinario. Durante a sesión, o goberno local elevará unha proposta para solicitar ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana (MITMA) a cesión de uso de 8 terreos situados nas proximidades da AP-9. A previsión do goberno local é empregar estas parcelas –que suman en total 7.860 metros cadrados- para uso público municipal (usos xenéricos).

En concreto, o equipo de goberno realizará a solicitude para a cesión para usos xenéricos de dúas leiras en Coutelana, de dúas en rúa Muíños e de catro no lugar Lendoiro. Se o pleno dá luz verde a este punto, a titularidade das parcelas seguirá sendo do organismo, pero o Concello poderá dispoñer delas para sumar novos servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas. Así mesmo, a administración local asumiría o mantemento das mesmas.

Como explica o concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, “a intención é seguir sumando novos espazos para a cidadanía”. Nestes lugares, o Concello podería habilitar máis espazo de aparcadoiro, espazos naturais, áreas recreativas, etc.