Tras o éxito solicitado en anos anteriores, as concellerías de Deportes do Concello de Cambre e Carral pretenden organizar, un ano máis, a Liga Municipal de Fútbol Sala Cambre-Carral 2020, que vai xa pola súa cuarta edición. Os equipos interesados en tomar parte nesta competición poderán facer a súa preinscrición ata o 20 de decembro nos correos deportes@cambre.org ou deportes@carral.es.

A liga arrincará en febreiro de 2020 e prolongarase ata o mes de xuño. En canto aos encontros, disputaranse, preferentemente, os luns e mércores de 21.00 a 23.00 horas. Nesta edición, o pavillón polideportivo dos Campóns (Cambre) e o polideportivo O Espiño de Carral serán os lugares de celebración dos encontros.

Os conxuntos prerexistrados deberán contar cun mínimo de tres xogadores empadroados nos municipios de Cambre ou Carral. Para o inicio da liga será necesario contar cun mínimo de oito equipos.

Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, convocarase unha reunión cos equipos para concretar a data de comezo, o calendario e a normativa de competición.