O roteiro celebrarase o vindeiro sábado, 21 de setembro, e está organizada pola Peña Ciclista Monte Xalo en colaboración co Concello de Cambre. 

A Peña Ciclista Monte Xalo organiza, en colaboración co Concello de Cambre, o VII Paseo Ciclista ‘Senda do Mero’. O roteiro celebrarase o vindeiro sábado, 21 de setembro, e o punto de saída será ás 17.00 horas na Casa do Concello.

En total, as persoas participantes realizarán un percorrido de dificultade baixa dun 11 km ao longo da Senda do Mero. Partindo desde a Casa do Concello, irán ata a presa de Cecebre a través do paseo fluvial para volver á Casa do Concello. Ao final do roteiro haberá un pequeno avituallamiento e un sorteo de agasallos.

Os interesados en recibir máis información ou en apuntarse poderán facelo na páxina web da peña ciclista, www.pcmontexalo.com. A inscrición é gratuíta, e durante o roteiro recolleranse alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal para os veciños e veciñas en risco de exclusión social do concello.