O día 10 de maio de 2018, tivo lugar a Expo Orientación do ano 2018. Organizada polo IES Afonso X O Sabio, de Cambre, por cuarto ano consecutivo. Tivo como obxectivo dar dar unha visión ampla das saídas despois de cursar os estudos do instituto. Pasaron por ela uns mil alumnos do IES Afonso X e tamén dos centros IES David Buján de Cambre, IES de Carral e IES Fin do Camiño de Fisterra.

Asistiron á mesma como expositores as seguintes entidades:
AFN. Escuela de Pilotos
CESUGA University College.
CPR Tomás Barros. A Coruña
Enxeñería Camiños da Universidade da Coruña.
Escola de Negocios Afundación. Vigo. IESIDE
Escola Superior de Arte Marcelo Macías.
Escola Superior de Hostalería de Galicia.
Escuela Internacional de Protocolo
Forzas Armadas.
Fundación E.U. de Relaciones Laborales de A Coruña.
Oferta de Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Universidade da Coruña.
Universidade de Santiago.
Universidade de Vigo.

O propio alumnado do IES Afonso X atendeu aos expositores e dinamizou a xornada, polo que os asistentes expresaron a súa total satisfacción.