Para homenaxear a Miro Casabella organizarase o Festival Popular da Canción de Autor ‘Corazón e Bravura’ entre o 26 e 29 de xullo.

Co obxectivo de homenaxear a Miro Casabella, referente da denominada Nova Canción Galega, organizarase o Festival Popular da Canción de Autor ‘Corazón e Bravura’, que se celebrará entre o mércores 26 e o sábado 29 de xullo.

Mércores 26 de xullo (Casa do Cultura ás 20.30 horas). Presentación do libro ‘Miro Casabella e a Nova Canción Galega’ en Vila Concepción. Acto aberto. Intervirán Xan Fraga Rodríguez (autor do libro), Vicente Araguas (escritor e músico) e Miro Casabella. Ademais tamén haberá actuación musical de Quintas Canella.

Xoves 27 de xullo (Casa do Concello ás 19.00 horas). Acto de sinatura de Miro Casabella no Libro de Honra do Concello de Cambre. Celebrarase no salón de plenos. Intervirán Marica Campo (escritora) e Miro Casabella. Tamén gozaremos cunha actuación musical de Mini e Mero.

Venres 28 de xullo (Igrexa de Cambre ás 21.00 horas). Unha viaxe no tempo ao esplendor da música medieval galega. Está programado un concerto de Melidaos.

Sábado 29 de xullo (Parque da Igrexa 22.00 horas). Miro Casabella e Paco Ibáñez.