Wikimedia Commons (cc)Cambre, 8 de marzo de 2019. Desde a Concellaría de Cultura seguimos coa programación do Entroido hoxe venres día 8 de marzo, terá lugar o I CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO DO CONCELLO DE CAMBRE. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e as súas propostas no lugar habilitado para tal fin no Campo da Feira, o venres 8 de marzo de 2019 entre ás 18.00h e ás 19.00h.

O Concurso consta de dous premios, un correspondente a categoría de doces de masa frita de Entroido e outro na categoría de filloas, se ben todas as persoas participantes obterán un obsequio.

Neste concurso contamos coa colaboración de Eroski encargado de ceder os obsequios ás persoas que decidan participar.

A espera estará amenizada polo grupo Karmin.
Colaboran como xurados os responsables de dos seguintes establecementos de Cambre: Casa Porto Cambre, Café Bar Bonsai e a Pulpeira de Cambre.