A OMIX do Concello de Cambre continúa coa súa programación anual, dirixida a mozas de entre 12 e 30 anos. Como parte do programa Por fin é venres, a Casa da Xuventude acollerá, os venres 14 e 28 de febreiro en horario de 18.00 a 20.00 horas, unha xincana coincidindo con San Valentín e un obradoiro de reciclaxe de latas.

Por unha banda, este venres, 14 de febreiro, levará a cabo un xogo no que as persoas participantes deberán resolver diferentes probas vinculadas coas relacións afectivas e ao amor propio, entre outras temáticas. Ademais do Día dos Namorados, o 14 de febreiro conmemórase o Día Europeo da Saúde Sexual. Aproveitando este fito, os mozos recibirán unha explicación sobre as fontes e recursos que poden utilizar para recibir información sobre educación sexual.

Doutra banda, a OMIX rematará o mes cun taller de reciclaxe de latas. O departamento pon en marcha esta iniciativa tras ver o éxito conseguido a través de latéxeme, un traballo de arte urbana iniciada por dous mozos que utilizan vellas latas para escribir frases. O obxectivo é que os participantes emulen esta técnica, dándolles unha segunda vida a estes envases e utilizándoos como decoración da Casa da Xuventude.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán contactar coa OMIX a través do teléfono 981 61 31 70 ou no correo omix@cambre.org.

 

Cartel 'Por fin é venres' del mes de febrero

Cartel ‘Por fin é venres’ del mes de febrero