A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organizará, ao longo do mes de outubro, varias actividades dirixidas a mozas de entre 12 e 30 anos. Todas as propostas da oferta son gratuítas e realizaranse na Casa da Xuventude.

A programación arrincará mañá, venres 4 de outubro ás 18.00 horas, cun taller de cociña da India no que os participantes poderán preparar e saborear unha auténtica merenda hindú.

O vindeiro venres, 18 de outubro ás 18.00 horas, terá lugar o Torneo de Virus. Trátase dun xogo de cartas no que os participantes deberán escapar da pandemia.

A próxima acción será a decoración de Samaín, e realizarase o 25 de outubro ás 18.00 horas. Os participantes deberán poñer a punto a Casa da Xuventude para recibir esta celebración. Farano con adornos reciclados e feitos a man.

Así mesmo, a OMIX organiza, todos os luns en horario de 19.00 a 20.00 horas, conversacións en inglés nas que o obxectivo é, fundamentalmente, pasar un bo intre mentres se aprende un idioma.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre algunha destas actividades poderán contactar coa OMIX Cambre no teléfono 981 61 31 70 ou no correo electrónico omix@cambre.org.

 

Actividades de octubre OMIX Concello de Cambre

Actividades de outubro OMIX Concello de Cambre