Debido ás deficiencias que presenta o firme da rúa Lourenciño e en vista das obras que se van executar, este punto permanecerá pechado ao tráfico, quedando habilitado só para as persoas residentes.

Pola outra banda, a vía que conecta a rúa Samosteiro coa rúa Muíño será, provisionalmente, dun único sentido de circulación -o que discorre desde a segunda cara a primeira destas vías-.

Finalmente, queda prohibida a circulación de camións desde Muíños de Naia cara Seoane (Anceis).

Lamentamos as molestias.