Cambre, 11 de outubro de 2017.  Más de 150 asociacións veciñais, comercios e institucións públicas participarán na campaña “En negro contra as violencias” contra a violencia de xénero da que xa forman  parte 56 concellos de toda Galicia e dúas Deputacións. Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, do 23 ao 26 de novembro queremos tinguir de negro os nosos municipios.

Segundo concelleira de Igualdade, María Jesús Gómez, adherirse á campaña “é unha boa maneira de concentrar as forzas para a loita contra a violencia polo que pide a colaboración das entidades veciñais, empresariais, comercios, club deportivos e veciñanza en xeral para acadar o maior impacto posible”.

O obxectivo é  sensibilizar á poboación sobre as violencias machistas e entendemos que traballando do mesmo xeito en toda Galicia conseguiremos unificar a imaxe de repulsa e darlle maior visibilidade.

O Concello de Cambre financiará a impresión de materiais de sensibilización (lonas, cartaces e camisetas) e os distribuirá por aquelas asociacións, comercios, institucións e entidades do concello que se adhiran á campaña. Nesta campaña tamén colabora a Deputación da Coruña coa distribución de material aos concellos participantes.

Quen se adhira terá que enviar cuberto o boletín de inscrición ao enderezo igualdade@cambre.org ou entregalo no departamento de Servizos Sociais na rúa río Barcés nº 6 baixo (Urbanización A Barcala).

Quen se anime a participar tan so deberá mostrar os materiais durante a semana do 23 ao 26 de novembro de 2017 e aproveitando calquera actividade propia e sacar unha foto coas participantes vestidas de negro (ou coa camiseta da campaña) e subíla ás redes sociais (facebook, twitter ou instagram) cos hashtag #EnNegroContraAsViolencias, #Cambreennegro ou enviala ao seguinte enderezo de correo electrónico igualdade@cambre.org. O obxecto desta campaña trasmedia e que teña a maior difusión entre a sociedade.

Para máis información poden chamar ao 981654812 ou escribir a través da conta de correo  igualdade@cambre.org

Os estabelecementos comerciais, institucións e a cidadanía en xeral vestiremos de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias.

Co lema “Queremos vivir libres de violencias machistas” poderán colgar a súa propia imaxe coa vestimenta negra, a do comercio ou da asociación utilizando nas redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram as etiquetas:

#Galiciaennegro
#ContraAsViolencias
#Cambreennegro
#Ennegrocontraasviolencias