TODOS os cidadáns teñen o dereito constitucional dunha vivenda digna: “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos.”

Na actualidade, froito da especulación urbanística das últimas décadas, moitos veciños e veciñas de Cambre temen por este dereito constitucional e  están a sofrer as consecuencias destas malas prácticas permitidas durante anos por todos os gobernos da nación e da autonomía.

En Cambre se está a producir unha situación intolerable nas urbanizacións da  Patiña e A Barcala, onde familias  que accederon a alugueres  en  vivendas de protección oficial vense agora obrigados a saír delas pola venda destes inmobles a entidades financeiras que só queren sacar rendibilidade dos seus inmobles sen pensar no terrible dano que poden causar ás familias, moitas delas ou a gran maioría, con poucos  recursos económicos, e mesmo en situación de emerxencia social.

É o caso da  Patiña onde a entidade bancaria propietaria do  imnueble, durante anos en réxime de Protección Oficial, decidiu a súa venda a un “fondo voitre” que, sen pensar nos seus inquilinos, decidiu que non renovará os alugueres dos seus inquilinos, que se atopan nunha situación de indefensión e precariedade que NON podemos consentir.

Segundo o Instituto  Galego de  Vivenda, este inmoble xa excedeu o número de anos que establece a Lei para manter o réxime de Protección Oficial e por tanto poderá vender ou incrementar os alugueres como lle  “plazca” sen que ningún organismo oficial lle poña obxección algunha.

Achámonos nunha situación de extrema gravidade polo prexuízo que se lle causará ás familias que viven nestes inmobles.

Desde o Concello de Cambre mantivéronse conversas coa empresa inmobiliaria que xestiona actualmente o cobro destes alugueres e non só non achegaron a información requirida senón que se limitaron a confirmar que non renovarán os alugueres aos inquilinos a pesar de saber a situación económica na que se atopan moitas destas familias  cambresas.

Desde a Corporación Municipal de Cambre queremos apoiar publicamente aos veciños afectados pola política especulativa que está a levar a cabo a entidade titular destes edificios  que usan e abusan do seu dereito de propiedade impoñendo as súas condicións unicamente pensando no lucro duns poucos, e poñendo en risco un dereito fundamental que debe protexer a estas persoas desta clamorosa inxustiza.

Por todo iso estimamos que é necesaria e obrigada esta  moción  que debe apremar aos poderes públicos con competencias para evitar esta situación, instándolles a que promovan as actuacións urxentes orientadas a preservar, e polo tanto garantir, o dereito fundamental a unha vivenda digna. Entendemos que é  condición necesaria a existencia dunhas Administracións  Públicas ao servizo das persoas, e non ao servizo da  especulación inmobiliaria e os que a promoven.

Somos conscientes dos  límites que temos os Concellos en materia de vivenda polo que tamén cremos necesaria a ampliación das nosas competencias para enfrontarnos a casos como o que nos ocupa.

Ante esta situación o Pleno da Corporación acorda:

PRIMEIRO-Esixir ao Estado central e a Xunta, administracións con competencias suficientes en Vivenda, manter unha reunión de urxencia para evitar esta situación que pode acabar con decenas de familias na rúa.

SEGUNDO.- Solicitar un informe legal ao gabinete xurídico da  Deputación sobre a  actuación da titular do inmoble que,  entedemos pretende “esnaquizar” un dereito básico e Constitucional como o  art. 47 CE: “Todos os  españoles teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada”. 

TERCEIRO.- Esixir a urxente renovación dos alugueres na  Patiña e na Barcala e mentres non se acorde esta decisión obrigar á entidade a conceder unha moratoría de 8 anos mantendo as condicións que conlevan ás vivendas de protección oficial.

CUARTO.- Solicitar Que a Xunta de Galicia poña a  disposición das familias necesitadas as vivendas  baleiras a  través de alugueres sociais.

QUINTO.- O Concello estudará as medidas legais contra a empresa ou as empresas que decidan levar a cabo calquera política especulativa dentro do termo municipal.

SEXTO.- Esixir á Xunta de Galicia e Estado que poña en marcha un mecanismo urxente de recolocación no caso que fose necesario para todas aquelas familias en risco de  exclusión social que sufran a  perda da súa vivenda.