Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

16 de Decembro, 2014

O goberno local propón eliminar as taxas aplicadas para varios trámites municipais

A previsión do goberno local é que a principios de 2015 se instale o novo módulo de padrón que licitou a Deputación e que será compatible co sistema de Administración Electrónica instalado enCambre no último ano


Cambre, 16 de decembro de 2014. O goberno local de Cambrepropoñerá no próximo pleno ordinario a eliminación das taxas municipais que ata o momento se viñan aplicando sobre varios trámites. Esta medida beneficiará a un gran número de veciños xa que afecta, principalmente, ás xestións máis habituais que se realizan ante a Casa do concello. A obtención dos certificados de empadroamento actuais, así como a compulsa de documentos para trámites municipais pasará a ser gratuíta. "Carece de sentido que o concello esixa para a realización dalgúns trámites que a documentación que presentan os veciños estea compulsada e que ademais se cobre por iso. Se a administración é quen esixe esas compulsas, non ten sentido cobralas, apuntou o máximo mandatario cambrés. A compulsa de documentos para trámites doutras administracións distintas ao concello manterá a taxa actual dun euro polo primeiro documento e 0,20 polos sucesivos. Rivas sinala que esta medida se tomou para simplificar os trámites administrativos e para que os veciños non teñan que pagar por aqueles que son máis habituais e necesarios. En especial, o certificado de padrón, que é o máis solicitado e que ata agora esixía o aboamento de dous euros cada vez que se expedía. Actualmente, isto podería supoñer un problema á hora de implantar un sistema electrónico para que os cidadáns puidesen obter o seu certificado de empadroamento dende as súas casas a través da sede electrónica municipal. A previsión do goberno local é que a principios de 2015 se instale o novo módulo de padrón que licitou a Deputación e que será compatible co sistema de Administración Electrónica instalado enCambre no último ano.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal