Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

20 de Abril, 2017

A Casa Consistorial estrea ascensor tras trinta anos sen accesibilidade

Durante décadas as persoas con mobilidade reducida non podían acceder á planta superior do Concello, onde se achan as dependencias de Secretaría, Alcaldía, ou Intervención, entre outr

Cambre, 19 de abril de 2017. O goberno local de Cambre decidiu poñer fin á inexistente accesibilidade da Casa Consistorial que durante décadas impedía ás persoas con mobilidade reducida acceder á planta superior do Concello, onde se ubican as dependencias de Secretaría, Alcaldía, ou Intervención, por exemplo. As obras comezaron no outono pasado e remataron este mes de abril. Hoxe púxose en funcionamento o ascensor e moitos veciños con mobilidade reducida puideron acceder a dependencias municipais que, lamentablemente, para eles eran descoñecidas.

O alcalde, Óscar García Patiño, lembrou que o ascensor converte por fin ao edificio en accesible para as persoas con problemas de mobilidade, unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Cambre que ata agora non podían acceder ás dependencias da primeira planta do edificio.

"Levamos a cabo varias obras de accesibilidade en todo o termo municipal, pero una das máis importantes era empezar pola casa de todos os cambreses, que durante décadas incumpriu a normativa de accesibilidade dos edificios municipais". A instalación do ascensor da Casa Consistorial está enmarcada dentro do Plan de Aforro e Investimento PAI da Deputación, e a empresa Construcións Navila foi a encargada de realizar os traballos por un importe de 35.167 euros.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal