Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

17 de Febreiro, 2017

A Programación do Entroido de 2017 crece en días, variedade e actividades, recuperado parte da historia de Cambre

A eurovisiva Karina plato forte das actuacións musicais do entroido máis choqueiro e transgresor.

 

O Entroido Pequeno máis grande do Mundo” ese é o lema do entroido cambrés 2017, anunciou onte o edil de Cultura Dani Carballada, alundindo a que “fai fincapé en que ten o seu epicentro no sábado de entroido pequeno, esto é, xa dentro do tempo da Coresma, unha peculiaridade que singulariza ao Entroido de Cambre entre os de toda a contorna”. A eurovisiva Karina plato forte das actuacións musicais do entroido máis choqueiro e transgresor.


A programación do Entroido en Cambre estenderase aos 11 días, triplicando o calendario de anos anteriores. Ademáis, recupérase o Enterro da Sardiña e a elaboración e dramatización dos testamentos através de obradoiros municipais. O goberno municipal, explicou Carballada, defende apostar pola divulgación do valor antropolóxico e etnográfico do Entroido cambrés. Asi este ano programase no Museu de Cambre unha conferencia do intelectual Felipe Senén.


Haberá tamén un capítulo gastronómico: por vez primeira realizarase un concurso de postres do Entroido e unha clase práctica para principiantes a cargo do chef Diego Pita nas dependencias municipais da Barcala


Elimínanse os premios en metálico no concurso infantil no seu lugar, haberá vales de compra no comercio local. Destaca Carballada que a medida busca eliminar escenas pouco edificantes a xuizo dos propios técnicos municipais: Mamás e Papás que “profesionalizan” os disfraces dos cativos co único obxecto de encher cartos. Eso desvirtua e mata o Entroido de Cambre, en especial ataca aos máis pequenos, algo que non podemos consentir. O de Cambre é un Entroido veciñal, fraternal, choqueiro, colaborativo e cunha forte compoñente social, non temos que competir con Tenerife ou Venecia, ai facemos o rídiculo e traicionamos a nosa propia historia.

O Concello, informou Brais Cubeiro, logrou poñer unha nave a disposición grautita dos grupos que organizan carrozas na zona de Graduil, de onde partirá o desfile do día 4.

Haberá unha progamación especial para os máis cativos, con espectáculos de maxia, (Martín Camiña) música ao vivo (Fran Amil), atraccións e obradoiros (Alicia Longueira).

Para o día grande, o sábado 4, Incorpórarase unha sesión de fogos de artificio ao remate do Entroido pequeno, e por primeira vez funcionará o bus municipal o día do Entroido pequeno. Realizará unha ronda de 3 a 5 da tarde e outra de 10 a 12 da noite, percorrendo todas as parroquias rurais do Concello.

Para Carballada "poñer en marcha esta medida é un orgullo, trátase dun primeiro paso, o ano que ven collerá este bus máis xente, e ao seguinte máis e asi sucesivamente, segundo nos vaiamos concienciando que non é preciso coller o coche particular se hai alternativa pública e colectiva para subir ao Entroido a Cambre. Aspiramos a paseniñamente evitar a conxestión de Cambre, mellorar a seguridade vial e facer unha festa aínda máis grande e aínda mellor organizada".

A subcampioa do Festival Internacional da Canción de Eurovisión 1971, Karina, con máis de medio século de exitosos temas de música lixeira que forman parte da memoria colectiva actuará en directo no Entroido Pequeno de Cambre o Sábado día 4 de marzo. Preténdese chegar a un público interxeracional, para que cativos, xente de mediana idade e xente maior teñan o seu espazo na festa, sen interferir na zona de máis troula e desenfreo nos arredores do propio campo da Feira.


Os concelleiros Dani Carballada e Brais Cubeiro presentaron, en nome do goberno municipal, a programación antroideira facendo un chamamento a lograr que o Entroido cambrés sexa todavía máis unha festa onde poidan convivir diversas idades, gustos, opinións e sensibilidades, avogando por unha festa onde a esmorga e a farra propia da celebración non sobrepase as normas máis básicas e elementais de civismo e boa veciñanza, de ai que optaran por disfrazarense eles mesmos como membros da Benemérita.


Carballada fixo fincapé en que a programación que se presenta é moito máis completa, diversa, ampla e variada que a de anos anteriores, o cal en si, é unha boa nova para todo Cambre. Destacou que hai cousas que a uns nos gustan máis e outras que nos poden gustar menos, pero aqui houbo un proceso de diálogo coas entidades sociais e veciñais en contraste permanente cos técnicos municipais na materia para confeccionar un Entroido que pon máis en valor que nunca a cultura galega e a historia de Cambre, que se mostra máis interxeracional que nunca e que debuxa ao Concello de Cambre como unha administración con vocación de servizo público e xustiza social, todo o abano de actividades son gratuitas e pensadas para satisfacer unha demanda de ocio e cultura apto para as clases máis populares.





Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal