Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

27 de Xullo, 2017

Aberta a inscrición para a XXVIII carreira popular "Concello de Cambre"

A carreira terá lugar o martes 15 de agosto. Inscríbete en www.carreirasgalegas.com

O próximo 15 de agosto o concello de Cambre organiza  a XXVIII carreira popular "Concello de Cambre". Esta carreira está integrada dentro do V Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2017.

INSCRICIONS: Ata as 20:00 do sábado 12 de Agosto na páxina web www.carreirasgalegas.com. Todas as categorías son gratuitas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: No Pabillón Sofía Toro de Cambre o luns 14 de agosto de 17:00 a 21:30 e, o mesmo día da carreira, entre as 9:15 h e as 10:30 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para evitar colas de última hora.

Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi importante no manipular a pegatina que o cubre.

LUGAR DE SAÍDA: Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro (detrás do Concello)

HORARIO DAS SAÍDAS:

  • 10:30 h: Mini (Nados no 2010 e posteriores anos). Entre 150 e 300mts. 
  • 10:40 h: Benxamín (Nados no 2008 e 2009). Entre 500 e 1.000 mts.
  • 10:50 h: Alevín (Nados no 2006 e 2007). Entre 600 e 1.100 mts.
  • 11:00 h: Infantil, Cadete, Xuveníl (Nados entre o 2000 e 2005) 2800 mts.
  • 11:10 h: Adultos: Resto das categorías (Absoluta e Veteráns). 7500mts

 

SERVIZOS: Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Polideportivo de Cambre Sofia Toro.

INSCRICIÓN pinchando aquí.

Arquivos:
circuito_Carreira_Popular_concello_de_Cambre_2017.pdf

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal