Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

20 de Xullo, 2017

Apertura da inscrición para o campus multideportivo do Concello de Cambre

As solicitudes deberán efectuarse entre o 24 de xullo e o 4 de agosto nos Rexistros Municipais

O campamento multideportivo do Concello de Cambre, dirixido a nenos nados entre os anos 2005 e 2008, celebrarase do 26 ao 31 de agosto e terá un custo xeral de 45,10 euros, prezo que inclúe manutención, equipo de monitores, materiais, actividades multideportivas, transporte diario e seguro de accidentes.


As actividades realizaranse de 8:30 a 20:30 horas e serán en tres sedes diferentes, situadas na Coruña, Culleredo e Oleiros. Os nenos poderán gozar de actividades como vela, windsurf, kaiak, hípica, intelixencia emocional, bici e tiro con arco, entre outras.


No caso de que se reciban máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o día 10 de agosto ás 10 horas en Deportes (A Barcala-Cambre). Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981613186 ou enviar un correo electrónico a deportes@cambre.org.

Arquivos:
folla_inscripcion.pdf
24-info_Campus_pequenos_01.pdf

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal