Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

06 de Xuño, 2017

Bolsas estudo 17-18

CURSO 2017/2018

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
SERÁ DO 17 DE AGOSTO AO 15 DE SETEMBRO DE 2017 EN CALQUERA DOS REXISTROS MUNICIPAIS

O Concello de Cambre abre o prazo de presentación de solicitudes para axudas a familias con escasos recursos económicos, sendo subvencionables os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso ao que lle corresponda
- Alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil: Libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.
- Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.
- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar para os efectos das presentes bases os gastos de investimentos e de adquisición de aparatos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets,...

Concederanse 85 bolsas de estudo de 120,00 euros cada unha, destinadas aos alumnos do 2º ciclo de educación infantil, 66 bolsas de 50,00 euros cada unha destinadas aos alumnos de educación primaria e 30 bolsas de 150,00 euros cada unha destinadas aos alumnos de bacharelato, formación profesional e educación secundaria para adultos.

¿Quen pode solicitalo?

Familias que cumpran os seguintes requisitos:

-         Estar empadroados no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda.

-         Estar matriculado nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria.

-         Que os beneficiarios convivan co solicitante da bolsa.

-         Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 9.000,00 euros.

 

 

Arquivos:
Anuncio_BOP_Bolsas_Estudio_17-18.pdf
TRIPTICO_BOLSAS_DE_ESTUDIO_2017-2018.pdf

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal