Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

17 de Novembro, 2016

Cambre adxudica as obras de renovación de beirarrúas no Temple

A entidade "Construcciones Ponciano Nieto, S.L.", que ofertou un importe de 82.113,39 € IVE incluído, será a encargada das obras que teñen un prazo de duración de tres meses a partir da data de replantexo

Cambre, 15 de novembro de 2016. Cambre adxudica a obra incluida no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal Adicional (POS - Adicional)  "Renovación de beirarrúas na rúa Temple, Cambre", cun orzamento de execución por contrata de 113.872,42 euros (IVE incluido).

A entidade "Construcciones Ponciano Nieto, S.L.", que ofertou un importe de 82.113,39 € IVE incluído, será a encargada das obras que teñen un prazo de duración de tres meses a partir da data de replanteo. No Temple as beirarrúas están afundidas e son perigosas para o tránsito de peóns. A solución é levantar as beirarrúas existentes e  executar unhas novas, renovando nalgúns puntos, redes de pluviais e conexións das baixntes dos edificios á rede. Tamén se executará un tramo de rede de saneamento.

Prevese a substitución dos pavimentos actuais por baldosas novas de varias cores e executaranse uns novos tramos de rede de saneamento e da rede de pluviais. Conectaranse todas as baixantes á rede de pluviais executando sumidoiros na zona do bordo para conexión á rede xeral de pluviais.

Por outra banda, instalarase na marquesiña na zona do núcleo do Temple que espera mellorar a seguridade viária na zona.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal