Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

29 de Marzo, 2017

Cambre e Sada pechan o obradoiro de emprego no que sete dos vinte alumnos xa atoparon traballo

Unha vintena de persoas desempregadas, 19 mulleres e 1 home, participaron neste obradoiro

 Cambre, 22 de marzo de 2017. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o alcalde de Sada, Benito Portela, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Jose Alfonso Marnotes González, clausuraron hoxe o Obradoiro de emprego Cambre - Sada atención sociosanitaria II desenvolvidos polos concellos de Sada e Cambre e que tivo unha duración de seis meses. É salientable que sete dos vinte alumnos que remataron hoxe o obradoiro xa atoparon emprego.

García Patiño felicitou aos alumnos/as "que con tanto esforzo e dedicación traballaron e estudiaron ao longo desta etapa que espero sexa o comezo dun novo percorrido profesional no ámbito da atención sociosanitaria a persoas dependentes". Pola súa banda, a concelleira de Emprego, Leonor Fernández, agradeceu o esforzo e dedicación amosado ao longo do proxecto polo profesorado e como non, polo alumnado traballador porque sodes vós os "protagonistas" ", indicou.

O alcalde de Sada instou á Xunta a seguir colaborando no vindeiro obradoiro de emprego que ambos os dous concellos xa solicitaron para finais de ano, e que está pendente de aprobación O Obradoiro foi aprobado polo Xefe Territorial da Xunta de Galicia o 26 de agosto de 2016 co fin de dar unha oportunidade de traballo e formación a 20 persoas na especialidade profesional de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais. Trátase do quinto obradoiro organizado polo concello de Cambre no centro de formación de Espíritu Santo e o segundo que realiza co Concello de Sada.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal