Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

29 de Marzo, 2017

Cambre e Sada solicitan á Xunta un novo Obradoiro de Emprego na Atención Sociosanitaria

O proxecto formativo solicitado terá un coste de 290.000 euros e espérase que ambos os dous concellos poidan convocalo este mesmo ano

Cambre, 24 de marzo de 2017. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, a edil de Promoción Económica, Leonor Fernández, e o alcalde de Sada, Benito Portela, asinaron hoxe un acordo para solicitar de forma conxunta un obradoiro de emprego no campo da Atención Sociosanitaria con formación específica en xeriatría e discapacidade.

O obradoiro podería empregar e formar á vez a vinte persoas durante un prazo de nove meses. O Concello de Cambre e de Sada xa puxeron en marcha o pasado ano un proxecto similar no mesmo campo da atención a personas dependientes en instituciones sociais e que está a dar uns espléndidos resultados de inserción laboral.

O proxecto formativo solicitado terá un coste de 290.000 euros e espérase que ambos os dous concellos poidan convocalo este mesmo ano. Segundo os rexedores, este proxecto é unha oportunidade para moitos desempregados que poderán acceder a unha formación específica e a un contrato laboral ao mesmo tempo.

Este programa de emprego que é unha fórmula que está a funcionar no obxectivo da inserción laboral nun programa mixto de formación e emprego, no que os alumnos traballan e ao mesmo tempo acadan un certificado de profesionalidade. A Atención Sociosanitaria é un campo en contínuo crecemento, segundo os datos que publicou o propio Concello de Cambre en relación á inserción laboral. Na actualidade, os datos dos que dispón o Concello amosan un 70% de inserción laboral dos alumnos participantes nos últimos obradoiros.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal