Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

31 de Xaneiro, 2017

Cambre favorece a inserción laboral dos desempregados coa posta en marcha do seu XVII Plan de Formación

Ofértanse 8 especialidades formativas, que acolleran a 140 participantes, e impartiranse un total de 1.275 horas de formación

 Cambre, 27 de xaneiro de 2017. O Concello de Cambre vén de poñer en marcha a XVII edición do Plan Municipal de Formación para o Emprego. O obxectivo deste Plan é favorecer a inserción laboral dos cambreses e as cambresas en situación de desemprego. A formación proposta, pretende cubrir algunhas das necesidades demandadas polas empresas, paliar dificultades detectadas nas persoas desempregadas para o acceso ao emprego, e favorecer aos colectivos máis afectados polo desemprego como poden ser as persoas máis novas. Este Plan de Formación complementa e reforza á formación ocupacional que se ofertará máis adiante en colaboración coa Xunta de Galicia, conducente á obtención de certificados de profesionalidade. Ofértanse 8 especialidades formativas, que acolleran a 140 participantes, e impartiranse un total de 1.275 horas de formación.

Segundo a concelleira de Emprego, Leonor Fernández, trátase dun cursos que pretenden formar em diferentes sectores a desempregados para axudalos a atopar empregos de calidade. “Continuaremos coa nosa aposta pola formación dirixida a desempregados  porque pensamos que é unha boa ferramenta para loitar co paro”.

Dentro das especialidades ofertadas nesta ocasión destacan o Mantemento básico de sistemas informáticos ( dirixida prioritariamente a mozos/as menores de 30 anos, con baixa cualificación), soldadura TIG para carpintería metálica, Posibilidades e competencias cara o emprego (habilidades para crecer profesional e persoalmente), Busca de emprego 2.0, Nivel básico de prevención de riscos laborais (sector metal e construción), Manipulador de alimentos, Preparación para exames de avaliación en competencias clave e Preparación para a obtención do título de Educación Secundaria (OBRIGATORIA ESA).

O prazo de inscripción remata o vindeiro 10 de febrero de 2017.

www.cambre.es/novas/nova/articulo/xvii-plan-municipal-de-formacion-para-o-emprego/

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal