Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

01 de Agosto, 2017

Cambre formará a 75 desempregados con cinco novos cursos no vindeiro Plan AFD

Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 346.624 euros provenintes da Consellería Economía, Emprego e Industria

Cambre, 1 de agosto de 2017. O Concello de Cambre conscente dos excelentes resultados que están dando os proxectos formativos destinados aos desempregados para a súa inserción laboral solicitou á Xunta de Galicia a programación de varios cursos formativos com vén facendo cada ano. Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 346.624 euros provenintes da Consellería Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o Centro Municipal de Formación de Espíritu Santo impartirá cinco novos cursos a partir do mes de setembro: "Soldador con electrodo revestido e TIG" (698 horas), "Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG" (618 horas), "Montaxe e mantenemento de instalaciones solares térmicas" (598 horas), "Actividades de xestión administrativa" (898 horas), e "Xestión integrada de recursos humanos" (808 horas). Os interesados deberán inscribirse nas oficinas de emprego (INEM) e verificar que teñen acreditada a titulación académica necesaria para acceder aos mesmos.

A edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, agradeceu á Xunta a concesión destes cursos, xa que na primaveira pasada ensinoulle xunto ao alcalde, Óscar García Patiño, o centro ao delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, e ao xefe territorial de Emprego, Isidoro Martínez, durante a clausura dos cursos de formación do Plan de Accións Formativas para Desempregados AFD/2016. "Na visita ensinámoslles as capacidades do noso centro para formar a desempregados e tivérono en conta. Estes cursos permitirán formar a 75 desempregados nunhas disciplinas demandadas polas empresas locais. Continuamos coa nosa aposta de formar a desempregados para sexa efectiva a súa inserción laboral", apuntou a concelleira.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal