Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

02 de Marzo, 2017

Cambre lanza unha APP para xestionar os avisos de obras e servizos

A aplicación permite realizar unha foto, geolocalizar a incidencia e escribir un texto sobre a demanda que chegará automaticamente aos responsables dos departamentos municipais.

Cambre, 2 de marzo de 2017. A partir de agora os veciños poderán descargarse unha aplicación para o seu móbil para advertir aos servizos municipais de calquera incidencia de obras e servizos no termo municipal. A aplicación permite realizar unha foto, geolocalizar a incidencia e escribir un texto sobre a demanda que chegará automaticamente aos responsables dos departamentos municipais. Unha vez resolta a incidencia comunicaráselle ao veciño que alertou do problema da súa execución.

A aplicación é gratuíta e xa está dispoñible para dispositivos Android e IOS de Apple. Agora os veciños poderán comunicar en tempo real aos servizos técnicos calquera incidencia ou problema para que sexa resolto no menor tempo posible. Os cambreses poderán informar de problemas de fochancas, beirarrúas en mal estado, iluminación, mobiliario público, sinalización, xardíns, parques, medio ambiente ou xestión de residuos, entre outros.

É a segunda aplicación que lanza o Concello de Cambre nesta lexislatura continuando co obxectivo de modernización da administración local. O obxectivo é mellorar e ampliar as canles de comunicación cos veciños, conscientes de que o uso do móbil por parte dos cidadáns para realizar xestións vai en aumento e parece imparable. Xa hai meses o Concello creou unha aplicación para a OMIX, tamén gratuíta, para que os mozos sigan desde o seu móbil as actividades programadas e póidanse inscribir en tempo real nas mesmas.

https://www.youtube.com/watch?v=7kluGuWOPYc

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal