Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

26 de Abril, 2017

Cambre licita a primeira Feira no Paseo Marítimo do Temple

A feira contará con 82 postos repartidos polas rúas de Paseo Marítimo, Manuel Murguía, Párroco M. Cobas e Celso Emilio Ferreiro.

Cambre, 25 de abril de 2017. O Concello de Cambre licita a primeira feira do Temple no Paseo Marítimo que terá lugar os segundos venres de cada mes. O obxectivo do executivo local é dinamizar a economía local da maior parroquia do concello, tanto do sector comercial como do hostaleiro. A licitación será publicada esta mesma semana no BOP e os interesados poderán solicitar o seu posto durante os 20 días seguintes á publicación do anuncio oficial no boletín provincial. Tamén poderán consultar as bases na páxina web do Concello e no taboleiro oficial de anuncios do consistorio.

A feira contará con 82 postos repartidos polas rúas de Paseo Marítimo, praza Manuel Murguía, Párroco M. Cobas e Celso Emilio Ferreiro. Os postos ambulantes estarán dedicados a alimentación, calzado, téxtil, agrario, entre outros. Durante o verán o horario da actividade comercial será de 16.00 a 21.00 horas, e durante o período invernal será de 9.00 a 14.00 horas.

Na actualidade a Axencia de Desenvolvemento Local conta cunha lista de espera de 65 feirantes polo que o Concello espera completar os postos ofertados na parroquia do Temple, a máis poboada do municipio e a que conta con maior actividade comercial. Segundo a concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, a feira será unha realidade pronto grazas ao entendemento coa Demarcación de Costas coa que, tras aclarar os aspectos das taxas ambulantes, axudou a impulsar esta inicitiva municipal.

"Quero agradecer ao comercio e á hostalería do Temple as súas achegas e o seu entusiamo para poñer en marcha esta feira que esperamos redunde nunha maior dinamización comercial e hostaleira na zona e coma punto de encontro de toda a veciñanza do municipio", apuntou.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal