Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

12 de Maio, 2017

Cambre municipalizará o servizo de rozas coa intención de mellorar a efectividade dos traballos

A primeira roza comezará a principios do mes de xuño

Cambre, 12 de maio de 2017.  O goberno local de Cambre optou, por primeira vez nos últimos anos, en municipalizar o servizo de rozas de camiños e leiras de titularidade municipal. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, sostén que a elevada insatisfacción constatada provocou que se tomase esta medida. "Non queremos que nos volva a pasar o dos últimos anos, nos que recibimos centos de chamadas queixándose do servizo. Por iso farémolo nós cos nosos medios".


Tras as queixas recibidas pola veciñanza sobre a deficitaria actuación das empresas concesionarias nos últimos anos, os técnicos fixeron un seguimento das actuacións comprobando que non se executaban con arranxo ás condicións do contrato.


Debido a estes informes o Concello decidiu que a execución deste servizo farase agora con medios propios. Para iso, ante a acumulación de tarefas dos operarios da brigada de servizos, convocáronse varias prazas de peóns, condutores e albaneis para ampliar o número de traballadores e deste xeito, durante seis meses, facer fronte, entre outros traballos, á roza de leiras e camiños públicos de titularidade municipal.


O custo do servizo nos últimos anos roldaba os 65.000 euros polo que a municipalización do servizo supoñerá un gasto semellante, aínda que hai que ter en conta que estes novos operarios realizarán outras tarefas propias da brigada.
Segundo a concelleira de Servizos, Elisa Pestonit, a decisión de realizar este servizo con fondos propios pretende un maior control e seguimento sobre os traballos co único fin de mellorar o servizo. A brigada levará a cabo dous rozas unha primeira, que comezará o próximo mes de xuño, e outra, durante o outono.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal